Arteixo é o lugar ideal para os máis pequenos. Ten o teu neno unha festa de cumpreanos ou unha ocasión especial? En Arteixo Centro Comercial Aberto contamos coas mellores tendas de roupa e calzado infantil para que poñas ao teu neno tan guapo como ti queiras.
Moda Infantil en Arteixo: Tres Sorrisos
A tenda de moda infantil “Tres Sorrisos” está en Arteixo, na rúa Ría Pontevedra no6 baixo. Tres Sorrisos é unha tenda que traballa con multitude de marcas, para que poidades elixir a gusto entre todas as opcións que teñen na tenda. Se andas na procura tanto de roupa informal como de vestir para o teu cativo, ven a visitar Tres Sorrisos, tamén se buscas traxes de comunión.
Roupa de marca infantil en Arteixo: Casual Kids
Casual Kids atópase en Avda do Balneario, 38. A tenda de roupa Casual Kids especialízase tanto en roupa para nenos como en calzado. En Casual Kids poderás mercar prendas de Levís, Pepe Jeans e moito máis. E para levar zapatos a xogo, que mellor que facerse cunhas zapatillas Reebok ou Vans? O teu cativo será o máis chulo da festa. Podes visitar a tenda web de Casual Kids nesta ligazón e disfrutar dun dez por cento de desconto na primeira compra que fagas.
Calzado infantil en Arteixo: Corre Camiños
Se o que precisas é calzado infantil ao mellor prezo, entón a túa tenda é Corre Camiños. En Corre Camiños atoparás todo o que o pé do teu neno precisa, e tamén se xa está un pouco máis crecidiño posto que teñen tanto calzado infantil como xuvenil. Visita Corre Camiños na rúa Rúa Canónigo Cándido Varela, 8 – 10, en Arteixo.
Calzado infantil e adulto: Dous Andares
Dous Andares é unha tenda de calzado infantil adicada a que o teu neno acuda ben guapo a calquer evento, pero tamén teñen zapatillas para andar pola casa e descansar. Dous Andares traballa con primeiras marcas entre as que destacan Camper, Piulín ou Converse. Poderás atopar Dous Andares visitando Arteixo Centro Comercial Aberto, en Avda. dos Bosques, 5.
Moda infantil e bebés en Arteixo: Ana, la Modista de los Peques
Todas estas tendas son para nenos un pouquiño maiores se falamos de que o teu rapaz acaba de chegar ao noso mundo. Para el, temos a “Ana, la Modista de los Peques”, unha fermosa tenda especializada en recén nacidos e ata os oito anos, onde vos persoalizarán cadeiras, canastillas, tartas de pañáis, a roupa máis exclusiva … todo a medida e ao gusto de cada cliente. Ana, la Modista de los Peques atópase en Rua Médico Amenedo Casabella, no14, baixo3 (Arteixo).
Arteixo Centro Comercial Aberto é moda, pero non só para maiores, tamén para os verdadeiros reis da casa. Se queres que o teu fillo ou filla sexa o máis guapo do cole, tes que visitar Arteixo Centro Comercial.