A chegada do ano novo é o momento perfecto para facer unha análise sobre a nosa vida, sobre como pasamos o 2017 e que queremos facer no 2018, como queremos mellorar e en quen queremos convertirnos. Sabendo isto queremos suxerirche cinco propósitos de ano novo orixinais que cumprir en Arteixo

Cambia a túa dieta e aprende a comer ben

Se queres vivir moitos anos e moito máis feliz, deixa a carne vermella a un lado e os fritos. Visita a peixería en Arteixo ‘Botero Gundín’ e leva peixe azul a túa mesa. Achégase o nadal, recomendámosche empezar xa coa boa alimentación e encargarlle a Alfredo Gundín a cea de Noite Boa.

Para que a túa alimentación sexa completa, en Sabor Place atoparás a mellor verdura e froita ecolóxica; como? que aínda non sabes onde mercar as uvas para Fin de Ano? Pois xa sabes onde encargalas. Se vas en serio co asunto de comer máis san, en Sabor Place fanse obradoiros para aprender como facelo.

Cambia de coche por un que sea mellor para o medio ambiente

Un coche antigo contamina moito máis que un automóbil novo, en especial os vehículos diesel. Toma unha decisión responsable co medio ambiente e visita Arte Móvil para a compra dun coche novo e poñer o teu á venda. Tamén podes acudir a D & D automóviles, Senra Sport ou Listauto, que teñen ofertas estupendas para coches de segunda man.

Pide consello, atopa o que máis che guste (mellor se é híbrido) e comeza o 2018 sendo máis responsable coa natureza.

 

Cambia de imaxe, deixa atrás a rutina

Quizáis che custe crelo, pero á túa parella encantaralle que cambies de estilo e a ti farache más feliz, porque verte guapo subirache a autoestima. Merca camisas novas e cambia de peiteado. Para o primeiro consello, visita Mira Home. Teresa saberá aconsellarche con ese look novo que buscas. Atrévete cos pantalóns tobilleros, son tendencia.

restaurantes en arteixo

Pasa máis tempo cos teus amigos deixando o móbil na casa

En Arteixo temos unha oferta de locáis de hostelería marabillosos, restaurantes, bares e cafeterías ás que tes que vir cos teus amigos e familiares, pero sen tocar o móbil. Visita Mamá Chicó e goza das súas pizzas sen meterte en instagram, fala coa tua parella mentres degustas un café en Arume Arpado. Toma un viño cos teus compañeiros de traballo na Vinoteca do Caramuxo… en definitiva, aprende a disfrutar máis da compaña das persoas da túa vida, pero no mundo real.

Apaga a televisión e abre un libro

O derradeiro propósito de ano novo que che recomendamos no noso artigo é que acudas a librería Marina e Mina e busques un bo libro, que o leves á túa casa e que descubras un mundo novo e apaixoante, moito máis do que ti pensas.

Poderás cumprir todos estes propósitos de ano novo en Arteixo, ó carón dos pequenos comerciantes que lle dan forma a Arteixo Centro Comercial Aberto porque, sabes cál é o noso propósito de ano novo? Ser mellores para ti.