Un ano máis, a campaña do CCA está protagonizada pola colaboración e a solidariedade. Así que os escolares do concello, debuxaron de novo unhas 3000 postais que servirán para felicitar as festas ou adornar a árbore de Nadal en calqueira fogar que queira colaborar coa campaña. Os nenos e nenas das escolas do Concello debuxan estas postais e dónanas para ser expostas nos comercios do CCA e que así o público as recolla, deixando a cambio alimentos non percedoiros que serán distribuidos por Cáritas a aquelas familias do noso concello que o precisen, para pasar unhas mellores festas. Ademáis o CCA por segundo ano consecutivo fará un donativo en metálico para a compra de alimentos frescos que tamén xestionará Cáritas en favor de esas familias. Cantas máis postais e alimentos non perecedeiros se donen, maior será a aportación para alimentos frescos que fará a asociación, porque a colaboración e a solidariedade é unha espiral positiva que se retroalimenta (nunca mellor dito!)
O CCA tamén agasalla cada ano aos seus clientes, como agradecementro á sua fidelidade ao longo do ano. E así, están xa distribuidos unha edición limitada de talonarios con 35 descontos ou agasallos directos, que os afortunados en facerse cunha destas chequeras, poden disfrutar ata finais deste mes de decembro. Aínda quedan algúns talonarios nalgún dos comercios asociados, así que pregunta e faite con un, e aforrarás un montón nas compras deste nadal.
O venres 22 de 17 a 19 horas e o sábado 23 de 12 a 14 horas, Papá NÖel e os seus Elfos visitarán as rúas e comercios asociados de Arteixo, para felicitar as festas, recoller as últimas cartas….
Tamén o sábado 23, ás 14 horas, na praza do Balneario, coincidindo coa Feira do Galo, celebraremos o ansiado sorteo das Cestas de Nadal do CCA!! Non o perdas, con calqueira compra, pide a tua rifa nos comercios asociados. O sábado, durante toda a mñaá, deixa a tua papeleta cos teus datos na urna que estará no escenario da Praza do Balneario, e nada máis rematar a entrega de premios do Feirón do Galo… prepárate para o sorteo das cestas do CCA, un pouco antes das 14 horas.
O venres 29 de decembro, teremos unha ambientación moi especial en dúas das rúas comerciais do pobo, se a climatoloxía o permite, xa que contaremos coa actuación de “Black Galicia” que nos deleitarán cun exquisito repertorio Navideño no mellor estilo soul. Disfrutaremos dun pase ás 18 horas na Travesía de Arteixo, á altura de Saborplace, e outro pase ás 19 horas, na rúa peonil. No caso de choiva, a actuación realizarase na carpa da Praza do Balneario.
E o remate do noso programa de Nadal será o 5 de xaneiro, durante a cabalgata de Reis, cando repartiemos chocolate con churros, este ano, en 2 puntos: Na Panaderái Gestal da Avda do Balneario, e a maiores este ano, na Travesía de Arteixo, á altura de Saborplace. Consigue o convite para os nenos da casa con calquera compra nos establecementos asociados, dende o 26 de decembro.