Hoxe queremos presentarvos unha listaxe dos mellores restaurantes en Arteixo, pero como son moito os restaurantes en Arteixo asociados ao Arteixo CCA, imos facelo cunha serie de artigos, non só con un. Hoxe falaremos das tabernas que temos en Arteixo e nas que poderedes degustar tapas, productos da terra, cervexa, viños e todo o que lles pidas aos taberneiros que levan o comercio.
“¿Apetéceche picar algo? Ven visitar os nosos restaurantes en Arteixo.”
As tabernas son un valor moi importante dentro dos restaurantes en Arteixo e na oferta de hostalaría que temos no Arteixo Centro Comercial en xeral; sendo locais que teñen como a base do seu deseño interior respetar o espirito tradicional dos locais de sempre.
Taberna A Baiuca. Café Museo.
A Taberna A Baiuca é un lugar de encontro onde fabricar conversas cos amigos, onde disfrutar coas experiencias do arte exposto e comer e beber na mellor compañía. Son ademáis famosas as actuacións espontáneas de músicos, cantantes e regueifeiros as noitiñas da fin de semá, como ben plasmou unha das fotos gañadoras do Concurso Fotográfico do CCA. Unha taberna de marcada identidade, tradición e gosto pola festa. Ide a visitalos a Travesia de Arteixo nº 213 (Arteixo-15142) e entrade na súa web para coñecer a sua programación de concertos.
Taberna Bar San Martiño
A Taberna San Martiño abre as súas portas en Rúa Ría de Noia, nº 4 baixo; por suposto en Arteixo. Na taberna Bar San Martiño poderes disfrutar tanto de copas como de tapas. Descansan o martes, pero abren ata as doce e media o resto dos días para vaiades a picar algo e tomar a primeira copa antes de sair de festa.
“Arteixo ten unha gran oferta de restaurantes, bares e locais de hostalaría.”
Este é unha pequena mostra da oferta de restaurantes, bares e por suposto tabernas que temos en Arteixo Centro Comercial Aberto. Esperamos que cando veñades visitar Arteixo, as suas tendas de alimentación, de moda, na procura dalgún servizo en particular como a reparación do voso automóbil nos nosos talleres en Arteixo, paredes nunha das nosas tabernas, seguro que voltaredes.