Que é para ti unha gasolineira? Un lugar no que lle botas gasolina ó teu coche, verdade? Para nós, unha gasolineira en Arteixo é moito máis que iso, e por que? Porque Arteixo é unha rótula, un espazo central que comunica Coruña con Galicia, e porque moitos dos que a día de hoxe son cidadáns en Arteixo o son porque un día pararon primeiro na Estación de Servicio da Hermida dos irmáns Verdía, ou a gasolineira de Lañas, como a chamamos por aquí.
A gasolineira de Lañas leva dándolle forza ós coches de Arteixo que saen de viaxe de traballo desexando voltar canto antes ó seu fogar, a quenes veñen a visitarnos de A Coruña, á xente de Laracha e de tantas vilas cercanas que se moven pola provincia e que acaban decidindo quedarse ó noso carón.
Toma un descanso e para na nosa gasolineira en Arteixo e coñécenos
Porque a nosa gasolineira de Lañas en Arteixo, non é só un lugar onde repostar, tamén onde repor forzas, tomar algo e lavar o teu coche. Se ves moi canso da tua viaxe poderás encargarlle ós profesionáis da gasolinera de Lañas que limpen o teu coche co seu servizo de lavado automático. Tantas facilidades poñen que tamén contan con servizo de venda de propano a domicilio.
Pero a gasolineira de Lañas é só o principio, porque ese trato agarimoso que che darán como viaxeiro canso do camiño, veralo tamén en Arteixo, no resto dos nosos asociados de Arteixo Centro Comercial Aberto.
Se desfrutaches da Gasolineira de Lañas, invitámoste a descobrir Arteixo, a nosa proposta gastronómica e de ocio, oferta cultural e deportiva, paseo fluvial, estupendos comercios de moda e complementos, as oportunidades que temos para os profesionáis e os servizos que lles brindamos ós donos de negocios, como a empresa de solucións de limpeza Proindex, líder en toda Galicia. Arteixo é un pobo vivo e rico por descubrir en Galicia, máis alá do seu polígono industrial e da carretera xeneral dende a que apenas se adivina, todo o que atopas entre as rúas da vila. Enche o teu motor con todo o que temos para ti.