Todolos sábados, ata o 30 de decembro, convidámoste a un café. E como gañalo? Pois é moi sinxelo, só tes que mercar máis de dez euros nas tendas do CCA adheridas á campaña e o dependente ou dependenta, poderá convidarte a tomar un café nunha das cafeterías asociadas e adheridas á promoción. Para elo, terá que darche un duplicado do ticket de compra e poñerlle o selo da campaña. Presentando este ticket, poderás desfrutar do noso convite a un café o mesmo sábado da compra.
A nosa campaña Bicos de CCAfé ten como meta promover as xuntanzas nas cafetería de Arteixo nestes días tan fríos, os coloquios e as conversas, pero non só iso, tamén o feito de tomar café. Coñeces os seus beneficios?
Beber café reduce o cansanzo, subindo os teus nivéis de intensidade cerebral e dándolle marcha as túas neuronas. Sabedes que hai estudos que din que tomar café a cotio é bo para a memoria? Pois así é. O café acelera o metabolismo, é por iso que axuda a queimar graxas e tamén é moi bo tomar unha taza antes de facer exercicio pois aumenta os nosos nivéis de epinefrina.
Desfruta do mellor café en Arteixo
Ven ás nosas cafeterías en Arteixo a desfrutar do teu café de balde, esta saborosa bebida axuda na prevención de diversas enfermidades e contén vitaminas do tipo B, esenciais para o óptimo funcionamento do corpo e do corazón. Se te atopas baixo de moral, tes que saber que o café axuda contra a depre xa que che aporta enerxía.
O café excita, iso é certo, así que non abuses, pero en doses moderadas, non aumenta a presión arterial ata o punto de provocar enfermidades cardíacas. Ademáis, axudarache a estar máis xove, posto que é unha gran fonte de antioxidantes.
Por todo isto, anímate a mercar os sábados nas nosas tendas, aproveita a promoción Bicos de CCAfé e disfruta dunha bebida rica, que invita á conversa e que che aporta múltiples beneficios.