CASE REMATOU a edición veraniega do Concurso de Tapas
de ARTEIXO CENTRO COMERCIAL ABERTO!!
Con máis de 12.000 tapas vendidas!!
Cumpríndose as espectativas de ter superado as edicións anteriores, non só en número de bares participantes, e actividades paralelas, senón tamén en público asistente, tapas vendidas, e facturación acadada.
Do Xoves 6 ao Domingo 9 de Agosto, 21 establecementos hosteleiros despacharon máis de 12.000 tapas, o cal xunto coa bebida, supón un gasto medio aproximado de 4 €, é dicir, case 50.000 € de facturación esta fin de semá, só na venta directa de tapas e bebida, constatadas a través de votos. Se computásemos as que non encheron tarxeta de voto e as consumicións paralelas, ou o volume de negocio colateral no resto de establecementos hostelerios e mesmo no comercio, esta cifra increméntase sustancialmente.
Deste xeito, Arteixo CCA cumpre os obxectivos de dinamizar as vendas do sector hostaleiro e de dinamizar as ruas, o comercio e o sector servizos da localidade.
O establecemento gañador nesta ocasión, foi unha nova apertura: La Ventana, regentado por José Manuel Dopico, e a súa tapa chamada “A Porta” consistía nunha Tosta de Aguacate, Bolognesa e Crema de Queixo
O premio para o establecemento gañador son 300 € en vales de compras para os establecementos do CCA, xunto cun Diploma e un Trofeo conmemorativos.
A persoa do público e xurado popular afortunada no sorteo desta VII edición, foi Vanesa Añón, quen levou unha grande alegría ao ser comunicada sobre o resultado do sorteo, e que dispón de 300 € para consumir de aquí ao 30 de setembro en calquera dos case 90 establecementos asociados ao CCA, e entre os cales conta con oferta de todolos productos e servizos.
Nesta edición houbo novidades como por exemplo a colaboración e patrocinio de COCA COLA Iberian Partners e a nova Botella Contour de 237 ml. Da sua man púxose en marcha un concurso no que os clientes do roteiro de tapas subiron ao facebook de Arteixo CCA fotos das tapas acompañadas da consumición da nova botella Contour de Coca Cola. Os gañadores do concurso de fotos “De Tapas por Arteixo con Coca Cola Contour” foron:
- A foto máis orixinal para: Paula Vázquez no “Naranjo de Mamá Chicó”
- A foto máis divertida para: Paco Guitián en “Café de Fábula”
- A foto co mellor sorriso para: Andrea Portos no “Bar Code”.
Os gañadores foron obsequiados cun estupendo radio-reloxo de sobremesa da marca Coca Cola, que entregou unha das responsables de Relacións Externas de Coca Cola, Gema Domínguez.
Dicimos que o concurso “CASE” rematou porque agora queda máis dun mes, ata o 30 de setembro, para que os gañadores dos 300 € fagan as súas compras nos establecementos de Arteixo Centro Comercial Aberto, e o próximo Martes 25 de Agosto ás 11 horas, os gañadores e todos os participantes no concurso de fotos “De Tapas por Arteixo con Coca Cola Contour” foron convidados a unha visita guiada pola fábrica embotelladora de Coca Cola na Coruña, á cal tamén se prevé que asistan o Alcalde de Arteixo, Sr. Carlos Calvelo, e a Concelleira de Comercio e Turismo, Patricia Amado.
Non queremos pechar esta noticia sobre o resultado do concurso de Tapas sen agradecer a todos os asistentes á Rolda de Prensa, que foron moitos, entre premiados, autoridades e xornalistas. E moi especialmente agradecer a todos os que esta fin de semá enchestes as rúas do pobo e apoiastes unha vez máis ao comercio e hostalaría local, animándovos a que contedes coa oferta hostaleira, comercial e de servizos de Arteixo cada día e cada fin de semá. Fagamos pobo e economía local entre todos!
Eu Merco no Pequeno Comercio!!
Galería fotográfica de la entrega de premios