Ano novo, reforma nova cos nosos servizos en Arteixo!

Ano novo, reforma nova cos nosos servizos en Arteixo!

E se cambias o estilo do teu fogar? O aninovo é momento de cambios, de escoller un coche novo e tamén electrodomésticos, e decoración en xeral, e por que non? Tamén de poñer bonito o teu xardín. No derradeiro artigo deste ano queremos recomendarvos tres comercios en Arteixo para que empezades a pensar nese cambio de aires do voso fogar.

Tenda de decoración en Arteixo – Nattex

En Nattex son especialistas en descanso e decoración. Na súa páxina web poderás atopar armarios, alfombras, mobles de salón e tamén dormitorios completos para nenos e tamén para ti. Esta tenda de decoración está na Travesía de Arteixo, podedes chamar a Juan no 981 613 611 e comezar a soñar coa vosa nova casa.

Tiendas de electrodomésticos en Arteixo

Tenda de electrodomésticos en Arteixo – Tien21

Xa todos coñecedes a famosa cadena de tendas de electrodomésticos, tecnoloxía e aparatos de confort para o teu fogar. Tien21 atópase preto de Nattex, na Travesía de Arteixo 310, nesta tenda tes, por exemplo, as teles 4k con HDR que quererán os teus fillos ou ti mesmo se mercaches unha PS4 Pro neste nadal. Atentos as súas ofertas e recorda que teñen servizo técnico propio.

Tiendas de jardín en Arteixo

Tenda de fogar e xardín – Don Agro

Don Agro atópase na Avda Finisterre. Xa vos falamos no seu momento de que unha boa idea de nadal é agasallar unha árbore aos vosos fillos e ir plantalo ao campo, para que aprendan o valor da natureza. Ademáis diso, en Do Agro botaránvos unha man na reforma do voso xardín, grazas a ampla colección de flores, xardinería e tamén suministros agrícolas. E non esquezas que son uns esquisitos floristas, así que confía en Sonia para calquera evento como vodas, comunións, e por suposto para calquera agasallo con flores e prantas.

Pero cos nosos servizos en Arteixo de reforma non só poderás trocar o teu mobiliario. Con Pratos Rotos poderás darlle un aire novo á menaxe da túa casa: baterías de cociña, vaixelas, cristalería, cuberterías, e todo para cociñar calquera cousa tanto a nivel doméstico como profesional, dende un set de moldes e figuras para cupcakes e fondant, ate unha cociña industrial para un restaurante. Se algo existe no mundo da menaxe, en Pratos Rotos podes atopalo. Ponos a proba!

tiendas de materiales en Arteixo
Se vas máis alá e a reforma se transforma nunha pequena ou grande obra, confía en Pombo para os materiais de construcción, e en SEA-CENOR para todo o que teña que ver con instalacións acústicas, eléctricas, iluminación, de antenista… e por suposto electródomésticos!!

Desexámosche un nadal marabilloso de parte de todo o equipo de Arteixo Centro Comercial Aberto. Moitas grazas por elixirnos para darlle unha volta ao teu fogar e a túa vida. Feliz 2017!

X