Como colofón a un trepidante VII Concurso de Tapas por Arteixo”, o CCA organizou unha visita á fábrica de Coca Cola na Coruña, aproveitando a invitación dos responsables da marca.
Asistiron a esta visita participantes no concurso de fotografías “De Tapas por Arteixo con Coca Cola”, membros do CCA, e mesmo representantes do Concello de Arteixo, como a Concelleira de Promoción e Desenvolvemento: Patricia Amado.
Foi unha visita entretida e divertida, na que descubrimos un montón de cousas dunha marca da que pensabamos que xa sabiamos case todo, pero estabamos enganados e aprendimos un montón de cousas interesantes, dende coñecer a orixe e desenvolvemento do producto e da marca, ata curiosidades como por exemplo, que unha coca cola ten a mesma cantidade de azúcar que un zumo de laranxa, e menos que un zumo de mazá. Tamén soubemos que a embotelladora da Coruña é a única en España que envasa esas latas de coca cola pequeniñas que se servían nos avións, e puidemos ver en directo 2 das liñas de envasado da fábrica e nos explicaron como funcionan, cales son os sistemas de calidade, e un longo etcétera.
O persoal da fábrica, dende Yolanda e Carmen que nos organizaron previamente e nos guiaron durante a visita, ata as responsables de comunicación María e Gema, ofrecéronnos o máis agarimoso recibimento e trato; e por se iso fose pouco, tíñannos preparados, ademáis de vídeos, explicacións e percorrido pola fábrica, uns pinchos estupendos, acompañados -como non- de coca cola ou de calquera outra das bebidas da compañía, e mesmo nos regalaron unhas neveriñas cunha selección dalgunhas das suas bebidas.
Vamos! Un trato de auténtico luxo para a comitiva que dende Arteixo CCA visitou a fábrica de Coca cola Iberian Partners o pasado martes 18 de Agosto.
Moitas grazas a Coca Cola polo seu apoio ao noso Concurso de Tapas e por esta visita á sua fábrica. Grazas a todo o público que acodiu ao concurso de tapas e aos que ademáis participaron con estas fotos (moitos non puideron vir por traballo, xa que a visita foi o martes de 11 a 13 horas). E Grazas por suposto aos que acodiron e disfrutaron da visita.
Costa agardar a febreiro, pola próxima edición!! Ata pronto
Galería fotográfica de la Visita á fábrica de Coca-Cola