En varias ocasións os últimos anos, a Piscina Municipal e Arteixo CCA colaboraron para incrementar os socios e abonados da Piscina, ao tempo que se fomentou que eses abonados fixesen as suas compras no noso pobo. Unha vez máis, a Piscina Municipal fai unha campaña de captación de socios e abonados que, se se dan de alta antes de rematar o 2015, recuperan o importe do seu abono en forma de vales de 30 ou 40 € para compras nos comercios do CCA, o cal implica un interesante incentivo ao gasto nas nosas tendas e negocios en plena campaña navideña, co conseguinte aforro para os nosos clientes e veciños.

Os clientes dos negocioa asociados ao CCA poden usar estos vales para as súas compras ata o 31 de xaneiro de 2016.

Pero ademáis deste xenial incentivo, vimos de ampliar este convenio de cara a 2016, firmando un Convenio de descontos nos negocios do CCA para abonados da Piscina Municipal. Ao igual que moitos dos socios do CCA xa ofrecen e se benefician de descontos entre socios do CCA, ou ofrecen descontos ou outras vantaxes, aos socios das ANPAS dos colexos, ou da Asociación Galega de Familias Numerosas (AGAFAN), agora os máis de 5000 abonados da Piscina, tamén poderán obter condicións especiais dos comercios, hostaleiros e empresas de servizos do CCA.

Aqueles comercios do CCA que o fagan, serán publicitados na información que a piscina municipal entrega aos seus abonados e ademáis, a partir de xaneiro de 2016.

Cartel-Piscina_CCA dec2015