COIDA-T e NEUROMOTÍVA-T con Arteixo CCA
E o Comercio “Neuro-Saudable”
E o Comercio “Neuro-Saudable”
Nesta nova edición da campaña de Hábitos de Vida Saudable “CÓIDA-T co CCA”, o pequeno comercio de Arteixo quere sementar sanos costumes para unha BOA SAUDE CEREBRAL dos veciños de Arteixo e contribuir a través dos Comercios Neuro-Saudables.
Para manter san ao cerebro é preciso coidar a alimentación, o exercicio cerebral e a parte emocional. Así que… a saúde do noso cerebro depende dos alimentos que inxerimos e do exercicio que faga (igualiño que os músculos). Por iso imos practicar a neuróbica, ou “aerobic para as neuronas”, unha ximnasia baseada na realización de exercicios que favorecen novas conexións neuronais no cerebro para mellorar o seu rendemento. Os seus principios básicos son: o movemento, a vinculación hemisférica e a coordinación mente-corpo. Coa neuróbica, axudamos ao cerebro a rendir mellor e previr o envellecemento prematuro.
Con esta finalidade, do 1 ao 17 de Xuño, teremos a disposición dos clientes a XINCANA NEUROMOTÍVA-T con Arteixo CCA. Nesta curiosa xincana, que ubicará as súas probas en establecementos “Neuro-saudables”: ópticas, fisioterapeuta, librarías, xoguetería, peixería….”. Os veciños e visitantes de Arteixo poderán visitar estas tendas para tratar de superar as probas da xincana e obter “Neuro-Rifas” para o sorteo de 3 premios de 50 € en vales de compra, que se realizará o día 17 de xuño ás 13 horas na Avda. do Balneario.
Estas son os 12 establecementos Neurosaudables do CCA onde poderán xogar e conseguir neuro-rifas:
- ARCEFI: Arteixo Centro de Fisioterapia
- Óptica ROMAY
- Óptica BALNEARIO VISIÓN
- Peixería BOTERO GUNDÍN
- Librería MARINA
- Librería MINA
- Xoguetería DON DINO
- SABORPLACE, alimentación ecolóxica.
- Larpeiradas XIANA
- NÁTTEX, mobles de descanso.
- Seguros RACC
- PISCINA MUNICIPAL DE ARTEIXO
Pero se queres saber máis sobre como coidar do teu cerebro, convidamos a todo o mundo a participar na nosa conferencia masterclass, e en 2 obradoiros na rúa!!!
O Mércores 7 de Xuño de 19 a 21 horas, celebraremos unha MASTERCLASS sobre SAUDE E XIMNASIA CEREBRAL no Auditorio do Centro Cívico Cultural, no que falaremos do cerebro, ese órgano que é o único non transplantable, imprescindible para falar, camiñar, estudar, traballar, comer ou amar. Ese órgano que é un grande CONSUMIDOR!! xa que arrampla co 20% do osíxeno e o 25% da glucosa total do corpo. Falaremos de como ter un cerebro sano e xoven por máis tempo e aprenderemos moi sanas costumes para unha BOA SAUDE CEREBRAL, que nos axude a prevenir demencia e alzheimer, a ter máis axilidade mental, mellor memoria, e ata mellor humor!!
Os Sábados 10 e 17 de Xuño, de 11:30 a 13:30 horas celebraremos un OBRADOIRO PRÁCTICO DE XIMNASIA MENTAL E NEURÓBICA na Avda Balneario, para divertirnos xuntos e aprender entretidos xogos e practicas cos que entrenar o noso cerebro tódolos días.
Remataremos a campaña celebrando o sorteo de 3 premios de 50 € o sábado 17, ás 13 h na Avda. do Blaneario.
RESUME DE ACTIVIDADES:
1.- Do 1 ao 17 de Xuño: XINCANA DE PROBAS NEURO-SAUDABLES. Establecementos Neurosaudables do CCA.
2.- MÉRCORES 7 XUÑO: MASTERCLASS SOBRE SAUDE E XIMNASIA CEREBRAL. 19 a 21h. Auditorio Centro Cívico.
3.- SÁBADOS 10 e 17 XUÑO: TALLER PRÁCTICO DE XIMNASIA MENTAL E NEURÓBICA. 11:30 a 13:30 h. Avda. Balneario.
4.- SÁBADO 17 XUÑO: SORTEO DE 3 VALES DE COMPRA DE 50 €. 13 h. Avda. Balneario