O CCA de Arteixo celebrará como cada ano unha FEIRA DE OPORTUNIDADES e unha Feira de Vehículos de Ocasión AUTO-ARTEIXO,  a primeira fin de semá completa de Setembro, o  Sábado 3 e Domingo 4 de 10 a 21 horas.  ATENCIÓN A NOVA UBICACIÓN: baixo carpa No PASEO FLUVIAL de Arteixo, no centro do pobo,  a carón do Anfiteatro e o Centro Cívico Cultural,  a carón tamén do Feirón do sábado e dunha ampla zona de estacionamento na explanada e aparcamentos da rua Alcalde Baldomero González

Celebraremos tamén a VI Edición da FEIRA AUTO-ARTEIXO, Vehículos de Ocasión. Os vehículos estarán expostos no vial do Centro Cívico Cultural de Arteixo, no mesmo paseo fluvial, constituindo as duas feiras (Oportunidades e Vehículos de Ocasión) un “todo” compacto para ofrecer maior comodidade, variedade e vistosidade aos visitantes e clientes.

O OBXECTIVO deste evento é DINAMIZAR A ECONOMÍA do sector comercial e dos consumidores, a través de un evento que:

  • Deriva grande cantidade de clientes e consumidores, tanto de Arteixo coma de outras localidades, animándoos a mercar e aproveitar as condicións e prezos vantaxosos, e mediante a comodidade de aglutinar un grande número de comercios e productos diversos nun mesmo espacio para facilitar as compras.
  • Contribúe á LIQUIDACIÓN DE RESTOS DA TEMPADA, liberando así os stocks dos comerciantes.
  • PROMOCIONA ARTEIXO. Ao ser un evento que move grandes masas de público de Arteixo e de fóra, que aproveitan para disfrutar das ruas do pobo e da OFERTA COMERCIAL, HOSTALEIRA E DE SERVIZOS existente nas mesmas.

A Feira conta de novo cunha nutrida e variada oferta: Uns 100 vehículos de Ocasión que se poderán ver e mercar na exposición de AutoArteixo, e na Carpa da Feira de Oportunidades atoparemos as xa coñecidas e esperadas oportunidades de roupa e calzado infantil, de home e muller, lenzaría,  complementos, menaxe, ópticas, etc.  para poder descansar, tomar refrescos, café ou mesmo comer.

As 2 feiras suman uns 20 expositores e ocupan unha superficie duns 2.000 metros cadrados, para pasear, atopar productos e servizos moi variados e para todos os gustos e necesidades, mercar boas oportunidades, tomar algo, e pasar un bo día.

Como novidade, ademáis do incomparable entorno de zona verde e parques infantís dos que se pode disfrutar no Paseo fluvial, a parte de ocio desta feira será para todos os públicos, coa actuación musical de Pablo Balseiro trío, que terá lugar o sábado 3 a partir das 21 horas no anfiteatro do paseo fluvial.

Contaremos cos apreciados sorteos  nos que participan os clientes que leven comprado ata o momento do sorteo xa que obterán rifas con cada compra. Os premios son  Vales regalo cos que mercar en calquera dos establecementos expositores (xa fora da feira) e impresionantes lotes de obsequios.

Cartel de la Feira de Oportunidades

Listado de expositores

Arteixo CCA  coa colaboración de Mi Costurera Profesional Asociación de comerciantes e Hosteleiros de Arteixo
E monitoras do Obradoiro de Traxes do 1900.
ANA LA MODISTA DE LOS PEQUES Moda Infantil a medida e persoalizada
BROOKLYN Moda xoven
CALZADOS PASOS Calzado
CALZADOS RAMOS Calzado
DOUS ANDARES Calzado Infantil
IN OFF Zapas
LENCERIA MANEUX Lencería e corsetería
MEBÁ Moda de Señora
MIRA HOME Moda de Cabaleiro
ÓPTICA ROMAY Óptica e audiometría
PRATOS ROTOS Menaxe
REBULIR Moda infantil
SEA Electrodomésticos e instalación
TRES SORRISOS Moda infantil
TRISCOS Moda xoven
ARTE MÓVIL Vehículos de Ocasión e Taller
D&D Vehículos de Ocasión e Mecánicas rápida
LARICAR Vehículos de Ocasión
LISTAUTO Vehículos de Ocasión e Mecánicas rápida
SENRA SPORT Vehículos de Ocasión

Escoita a promoción

Pechamos a Feira de Oportunidades de Setembro do CCA e a Feira de Vehículos de Ocasión

Agradecendo de novo as vosas compras con outros 3 sorteos. As premiadas foron: Mariví Novoa de Meicende que gañou 100 € en vales de compra, Sonia Gómez de Arteixo, premiada con 50 € en vales de compra e Yéssica Ferreño tamén de Arteixo que levou un precioso lote de regalos. Xa o sábado felicitamos a outros dous gañadores: Maruja López cun lote de regalos e Jorge Abeledo con 50 € en vales de compra.

Estes foron os sorteos celebrados, nuha feira que contou con 20 expositores e que se celebrou no Paseo Fluvial, o cal convertiu a fin de semá de sol e calor nun disfrute no entorno do río e os parques do centro do pobo.

Grazas a todos os que usades o pequeno comercio e o comercio local para a vosas compras cada día, e contribuides a manter o noso pobo máis vivo cada día. Ata o próximo evento, prometemos máis moi pronto.

 

Fotos Feira de Oportunidades de Arteixo Centro Comercial Aberto setembro 16