A Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, da man da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, organiza un ano máis: Corazón de Artesanía. IV Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia que se celebrará do 3 ao 5 de xullo nos Pendellos de Agolada (Pontevedra), un evento único, fiel as súas orixes e capaz de atraer o interese de milleiros de visitantes na procura da súa orixinalidade.
Un grande acontecemento popular orientado á exhibición, á comercialización e á promoción dos nosos oficios artesáns pero tamén da nosa paisaxe, gastronomía e da cultura tradicional e popular de Galicia. A súa orixinalidade e atractivo permitirá ao IV Encontro ampliar os obxectivos acadados na terceira edición na procura da dinamización socioeconómica, a difusión da cultura e da tradición e a promoción turística. Para isto, este ano contaremos con artesanía en vivo, venda de produtos artesanais, obradoiros de artesanía e música para nenas e nenos, actuacións de baile e música tradicional, conferencias, exposicións e obradoiros, showcooking, degustacións e venda de produtos gastronómicos de calidade.
Dende Arteixo Centro Comercial Aberto, apoiamos tódalas iniciativas de pequeno comercio e empresa incluindo por suposto a empresa artesanal, minorista e exclusiva que tanto mérito ten, e que tanta calidade oferta en Galicia. Sen ir moi lonxe, xa que en Arteixo, e no CCA, temos un moi bo exemplo en Artesanía en Coiro Luz Ferro, na Avda. dos Bosques, nº 8.
Se queres máis infomación sobre este evento de Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, pincha aquí para ver o programa de actividades.