O prometido é débeda. Tras o artigo no que recomendábamos que agasallar a vosa moza ahora é o turno do voso noivo. Se non tes ideas para agasallar en San Valentín á túa parella, aquí van catro para que acertes, e se non che gustan sempre podes dar un vistazo ao resto dos nosos asociados, un grande grupo de pequenos comercios con moito que ofrecer.
Restaurante La Ventana en Arteixo
O primeiro no que compre pensar nun día de festa é onde ir a festexalo. Aconsellámosche o restaurante La Ventana en Arteixo, un dos nosos locáis que está máis de moda agora mesmo. La Ventana é un local de deseño moderno con unha moi boa carta. Se buscades máis opcións para cear aquí tedes unha ligazón cunha lista con máis restaurantes en Arteixo
Outra cousa pode que non tanto, pero de restaurantes ricos e de calidade en Arteixo Centro Comercial Aberto estamos a tope. Elixe o teu e triunfa.
Zapatería en Arteixo: Calzados Ramos
Se tes un noivo que gusta do calzado de calidade e único, elixe os zapatos de calzados Ramos, quizais a zapatería máis antiga en Arteixo. Se prefire unha zapatilla deportiva urbana e moderna, pásate por In Off; e xa que falamos de dar pasos, achégate con el ata Silvia Cupeiro, a nosa tenda de moda máis popular de vestidos de noiva… e quizás anímase a dar o paso máis importante 😀
DyD Automóviles Arteixo
O teu noivo é un amante dos coches? En DyD Automóviles teñen todo o que precisa o seu vehículo para poder coidalo, se fai tempo que quere cambiar partes, rodas ou darlle unha limpeza a fondo, aquí teras distintas opcións para escoller. Seguro que non espera que en San Valentín visites un dos nosos mellores talleres en Arteixo e concesionarios para sorprendelo.
Librería Marina ou Mina en Arteixo
Se en lugar de cousas para o seu coche quere un bo libro de aventuras ou unha novela acosellámosvos unha das nosas librerías en Arteixo: a librería Mina, e tamén Marina. Seguro que nunha dela atoparas a lectura perfecta para el, agora, iso sí, tes que decidir que libro agasallarlle. Non te preocupes, seguro que en calquera delas che aconsellan moi ben.
Ata aquí chegan os nosos consellos de agasallos de San Valentín pero animámosvos a consultar o resto dos nosos asociados, de seguro que nun dos nosos comercios en Arteixo atoparás iso especial para namorarlle.