Para coñecer as últimas noticias en Arteixo tes que ler El Diario de Arteixo. A través da súa publicación dixital e en papel achegan o que acontece no noso concello a todo o mundo, e ao revés, traen noticias o mundo ata o noso concello. O Diario de Arteixo é un espazo de reunión de veciños, comerciantes e tamén socios de Arteixo Centro Comercial Aberto. Nos publicamos na nosa web os eventos que intentan facervos sorrir e desfrutar da nosa cidade e eles o contan todo, o que acontece neles e moito máis.

Apasiónate o motor? Tes o teu espazo no Diario de Arteixo

Na sua web eldiariodearteixo.es poderás estar informado de todo o relacionado co motor, a cultura, os deportes e a actualidade. Contan cun espazo multimedia e coa oportunidade de colaborar coa súa redacción. No diario de Arteixo saben, como tamén sabemos nos, que Arteixo está formado por todolos veciños que fan das nosas rúas un lugar tan especial.

 

últimas noticias en Arteixo
Dende fai un tempo, El Diario de Arteixo e Arteixo Centro Comercial Aberto colaboramos moi de preto, e por que? Porque parte das nosas metas son comúns: impulsar a comunicación acerca dos pequenos comerciantes de Arteixo, e o Diario de Arteixo é unha ponte formidable entre negocios e clientes. Se sodes parte da vida de Arteixo invitámosvos a contactar con eles e preguntarlles como podedes anunciarvos nos seus espacios, que son vistos por centos de veciños de Arteixo a diario, xa que é un xornal de distribución gratuita, que se buzonea en case tódolos domicilios do Concello e, a maiores, está disponible en moitos negocios do pobo.

O Diario de Arteixo é un lugar de encontro ideal para comerciantes e veciños

Se vivides en Arteixo, podedes participar coa vosa voz a través das súas redes sociais. O Diario de Arteixo ten presenza en twitter e en facebook. Visitádeos, lede as sus noticias, participade con eles para facer entre todos un concello plural, no que todos temos voz: as súas publicacións periodísticas, a información sobre a oferta comercial e empresarial de Arteixo e a vosa opinión como veciños. Dese modo faremos un mellor lugar de Arteixo, un concello no que todos temos voz.