Rematamos este recopilatorio de artigos de servizos en Arteixo acerca da beleza: perruquerías, estética, depilación láser e perfumerías precisamente con estes dos últimos servizos para home e muller.
Se queredes coñecer cales son as mellores perruquerías en Arteixo tan so tedes que ir a este artigo, e se aproveitades para vir a poñervos guapos e guapas, para probar a nosa oferta de restaurantes en Arteixo, das nosas vinotecas, aquí tedes unhas recomendacións. Pero imos ao que nos importa hoxe: servizos en Arteixo, perfumerías e centros de depilación láser.
Servizos de beleza en Arteixo: Perfumería Maruxa
A Perfumería Maruxa atópase en Rua Canónigo Cándido Varela, 3 (Arteixo 15142), poderedes chamalos ó teléfono 981 602 269. Begoña Arias Fernández atenderavos e solucionará toda-las vosas dúbidas. A perfumería Maruxa conta cunha ampla selección de perfumes das mellores marcas e tamén de distintos complementos de beleza. Agora que chega a época das bodas, é o momento de probar cun novo aroma, ou cun tocado completamente artesanal e feito a medida para coordinar co teu traxe.
Perfumería e solarium en Arteixo Huele A Ti Siempresol
Huele a ti SiempreSol é un servizo en Arteixo cunha dobre función: é un solarium pero tamén ten unha liña, desde 2014, de productos de perfumería de equivalenza, por se o voso non é mercar marcas. Ofrecen tamén outros servizos: depilación, xabóns artesáns, bronceado e moito máis. Para localizalos tedes que ir a Rua Médico Amenedo Casabella, nº 6, baixo (Arteixo-15142) ou chamar ó número de teléfono 981 600 563. Atenderavos Noelia Fandiño.
Centro de fotodepilación Arteixo Láser
Xa falamos noutro dos nosos artigos de Arteixo Láser. A empresa atópase en Rua General Mosquera Palleiro, nº1, baixo (Arteixo-15142) e podedes chamalos ó 881 897 490. En Arteixo Láser teñen servizos de fotodepilación e tamén terapias manuais, pero non so iso.
Arteixo Láser teñen sempre preparado o servizo: masaxe solidario, un agradable tratamento para retirarvos o estrés do lombo a cambio de colaborar con alimentos para as familias menos favorecidas de Arteixo.
Esperamos que atopedes nestes tres servizos de beleza, xunto coas perruquerías do pasado artigo, unha oferta atractiva para que vos axuden no voso día a día e cando teñades unha ocasión especial, como ir de cea ou a unha boda.