O CCA de Arteixo celebrará a XIV Edición do Concurso de Tapas por Arteixo, nos días 12, 13, 14 e 19, 20 e 21 de xullo de 2019, co obxecto de reforzar a dinamización comercial e hostaleira de Arteixo.

Consultar Bases

 

(13/06/2019)

Pistoletazo de saída á XIV Edición do Concurso «de Tapas por Arteixo» acompañado de concertos e espectáculos

Nunha rolda de prensa celebrada esta mañá no local Arume Arpado, de Arteixo o Centro Comercial Aberto de Arteixo xunto con representantes do Concello e os gañadores da pasada edición do certame, presentaron o XIV Concurso de Tapas por Arteixo, que comeza este venres día 12 a mediodía.

O Concurso de Tapas, que pasa a celebrarse só unha vez ao ano, durará dúas fines de semana e rematará na noite do domingo 21 de xullo. Poderanse probar as 9 tapas a concurso, entre as que hai propostas moi variadas: polbo e langostiños, polo, terneira ou incluso pato. Unha proposta coa que os locais esperan sorprender á clientela habitual e descubrirse á nova.

«Coma nas anteriores edicións, o público terá a opción de votar a tapa que máis lle guste, despois de ter probado 4 tapas distintas e telas marcadas na súa folla de votación -que é á vez un mapa para saber onde está cada local-, e tamén votar ao local que lles prestase mellor atención», comentou Emiliano Cossini, xerente do Arteixo CCA. Deste xeito, o público convértese no xurado popular que entregará o seu premio á mellor tapa e o premio ao mellor servizo.
Cossini resaltou que «este ano contamos con máis colaboradores para darlles máis premios ós e ás consumidoras, pois son as que fan posible este evento». Entre os premios están 300€ en vales de compra, botellas Magnum de viño, así coma estoxos de licores e un vale trimestral en BeOne Arteixo. O xerente do CCA lembrou tamén que segue en marcha a campaña de espectáculos na rúa de Seráns en Arteixo, que amenizarán o concurso de tapas con concertos e actividades os días 12, 13, 19 e 20 ás 19.30 en distintas ubicacións de Arteixo.

A Concelleira de Promoción Económica, Patricia Amado, resaltou «a importancia deste concurso para a actividade social e empresarial da vila». Amado animou «á toda a xente de Arteixo e de fóra a vir a visitarnos, porque as tapas están sempre moi ricas, e nesta edición teñen aínda mellor pinta». A Concelleira tamén fixo fincapé en que «O Concurso de Tapas por Arteixo é un evento gastronómico que conta con 7 anos de tradición nesta vila, na que se chegan a vender 10.000 tapas nunha soa fin de semana, o que o convirte nunha das actividades de maior interese económico para o sector hostaleiro arteixán».

Pola súa parte, o Alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, parabenizou a campaña de Seráns en Arteixo, que« «se leva a cabo en moitos lugares da vila», e tamén felicitou as propostas que este ano presentan os hostaleiros para o Concurso de tapas. «Estas actividades son as que fan que os e as nosas veciñas fagan cada vez máis, vida en Arteixo, fomentando a economía local», comentou Calvelo.

Para pechar a rolda de prensa, deuse a probar a proposta deste ano do Arume Arpado, local gañador, xunto co Asteria Comida Real, dos premios á mellor tapa por xurado popular e xurado profesional.

(10/06/2019)