Agora que o San Valentín está tan preto seguro que moitos e moitas estades a pensar xa na vosa futura voda. Uns decidindo como declararse, outros soñando con como será esa pedida… En pasados artigos recomendámosvos agasallos e restaurantes para esta data. Pero…. que facer se nese día se declara o teu mozo ou moza? Enton é o momento de visitar a nosa tenda de vestidos de noiva en Arteixo: Silvia Cupeiro.
En Silvia Cupeiro poderás atopar as mellores firmas adicadas a vestirte tal e como te imaxinas no día da túa voda. Cosmobella, Demetrios, Oreaspora, Rafaello ou It´s my Party son só algunhas coas que traballa esta tenda de vestidos de noiva.
Pero aínda hai algo que distingue máis a Silvia Cupeiro noivas frente a outras tendas deste tipo, e é que ela é unha das mellores e xóvenes deseñadoras de moda nupcial en Galicia e conta no seu haber con distintos premios que avalan a sua profesionalidade e estilo propio. Se queres un vestido de noiva ou festa exclusivo, con persoalidade e da máis alta calidade, e un trato cercano e exquisito, este é sen dúbida o teu attellier de moda nupcial e festa.
Descubre a nosa tenda de noivas Silvia Cupeiro en San Valentín
Se non tes moi claro como será o teu vestido ideal, ou que é o que mellor che senta, non te preocupes. En Silvia Cupeiro ofrecen un trato personalizado no que cada noiva é única. Ti tan só tes que ir a visitar a súa tenda en Travesía de Arteixo, 288 e falar coas expertas modistas que te atenderán encantadas. Elas aconsellaranche o mellor tipo de vestido para ti, pola túa figura e polos teus gustos, tras iso mostraranche os modelos das súas firmas ata escoller o que máis che guste.
Esta tenda de vestidos de noiva conta con varias coleccións que cambian co tempo, adaptándose ás tendencias de cada tempada. Tamén dispoñen de traxes de festa, para esoutras mulleres importantes na túa voda: a nai da noiva, a madriña, a irmá ou a mellor amiga….
Así que amigas e amigos do Arteixo Centro Comercial Aberto, se descubrides que a vosa parella vos leva a un dos nosos restaurantes máis fermosos, e vos vai buscar a casa coas súas mellores galas cun anel de Xoiaría Barca…. , apuntade o número de teléfono da nosa tenda de vestidos de noiva máis internacional. E por certo, non esquezades visitar as nosas perruquerías, non vaia a ser que ocorra o gran momento e levedes uns pelos de saír da cama.