Un ano máis, a campaña do CCA está protagonizada pola colaboración e a solidariedade. Así que os escolares do concello, debuxaron de novo unhas 3000 postais que servirán para felicitar as festas ou adornar a árbore de Nadal en calqueira fogar que queira colaborar coa campaña. Os nenos e nenas das escolas do Concello debuxan estas postais e dónanas para ser expostas nos comercios do CCA e que así o público as recolla, deixando a cambio alimentos non percedoiros que serán distribuidos por Cáritas a aquelas familias do noso concello que o precisen, para pasar unhas mellores festas. Ademáis o CCA por segundo ano consecutivo fará un donativo en metálico para a compra de alimentos frescos que tamén xestionará Cáritas en favor de esas familias. Cantas máis postais e alimentos non perecedeiros se donen, maior será a aportación para alimentos frescos que fará a asociación, porque a colaboración e a solidariedade é unha espiral positiva que se retroalimenta (nunca mellor dito!)
O CCA tamén agasalla cada ano aos seus clientes, como agradecementro á sua fidelidade ao longo do ano. E así, están xa distribuidos unha edición limitada de talonarios con 35 descontos ou agasallos directos, que os afortunados en facerse cunha destas chequeras, poden disfrutar ata finais deste mes de decembro. Aínda quedan algúns talonarios nalgún dos comercios asociados, así que pregunta e faite con un, e aforrarás un montón nas compras deste nadal.
O venres 22 de 17 a 19 horas e o sábado 23 de 12 a 14 horas, Papá NÖel e os seus Elfos visitarán as rúas e comercios asociados de Arteixo, para felicitar as festas, recoller as últimas cartas….
Tamén o sábado 23, ás 14 horas, na praza do Balneario, coincidindo coa Feira do Galo, celebraremos o ansiado sorteo das Cestas de Nadal do CCA!! Non o perdas, con calqueira compra, pide a tua rifa nos comercios asociados. O sábado, durante toda a mñaá, deixa a tua papeleta cos teus datos na urna que estará no escenario da Praza do Balneario, e nada máis rematar a entrega de premios do Feirón do Galo… prepárate para o sorteo das cestas do CCA, un pouco antes das 14 horas.
O venres 29 de decembro, teremos unha ambientación moi especial en dúas das rúas comerciais do pobo, se a climatoloxía o permite, xa que contaremos coa actuación de “Black Galicia” que nos deleitarán cun exquisito repertorio Navideño no mellor estilo soul. Disfrutaremos dun pase ás 18 horas na Travesía de Arteixo, á altura de Saborplace, e outro pase ás 19 horas, na rúa peonil. No caso de choiva, a actuación realizarase na carpa da Praza do Balneario.
E o remate do noso programa de Nadal será o 5 de xaneiro, durante a cabalgata de Reis, cando repartiemos chocolate con churros, este ano, en 2 puntos: Na Panaderái Gestal da Avda do Balneario, e a maiores este ano, na Travesía de Arteixo, á altura de Saborplace. Consigue o convite para os nenos da casa con calquera compra nos establecementos asociados, dende o 26 de decembro.
Música Soul Navideña, nas rúas de Arteixo
O venres 29 de decembro, as compras e paseos polas rúas de Arteixo terán un aliciente especial.
O dúo Black interpretará un repertorio de temática navideña versionado no seu característico estilo Soul.
Arteixo Centro Comercial Aberto organiza esta actividade na rúa, enteiramente aberta ao disfrute de todos os veciños, veciñas e visitantes.
Así que apunta na axenda! Serán 2 pases, o 1º na Travesía de Arteixo, a carón de Saborplace e Calzados Ramos, ás 18 horas; e o 2º na Avda. do Balneario ás 19 horas.
O 2ºD de primaria do CEIP Ponte dos Brozos, gañador do sorteo da Campaña de Postais Solidarias
Hoxe celebramos o sorteo da campaña de Postais Solidarias do CCA co que queriamos recompensar o traballo do alumnado arteixán na actividade.
O grupo gañador, de entre os colexios que participaron -que podemos dicir con orgullo, que foron todos os centros de infantil e primaria do Concello de Arteixo-, foi o 2ºD do CEIP Ponte Dos Brozos.
Á volta de Nadal farémoslles entrega de 160€ para gastar en Librería Mina, Librería Marina, Ecolíder e Manualidades Sita.
2.700 foron as postais que se recolleron, e que podedes intercambiar por comida non perecedoira nos establecementos do CCA.
Ademais donaremos 0,15 céntimos a Cáritas para alimentos frescos por cada postal que se intercambie. Que cremos que poden alcanzar os 400€ se toda a veciñanza nos implicamos na recollida das postais.
Parabéns aos mozos e mozas premiadas e grazas ao resto do alumnado por participar!
Temos os bares e comercios do CCA cheos da vosa solidariedade!
Animádevos a intercambiar estas fermosas postais por alimentos e axudar a quen máis o necesita!