Acaba de publicarse o Resultado do Concurso de Escaparates organizado polo Concello de Arteixo, na web do Concello: www.arteixo.org.

Non só queremos felicitar aos gañadores: Fotos Rodri (1º Premio), Librería Mina (2º Premio), Silvia Cupeiro (3º Premio) e Mira Home (accesit á orixinalidade)- que tamén! – senón que queremos felicitar a todos os comercios que participaron e a moitos que non o fixeron, porque a melloría nos escaparates, nesa pequena mostra da profesionalización e variedade de producto que hai no comercio arteixán, aumenta cada ano sen dúbida, facendo que cada ano que pasa, o concurso esté máis e máis disputado e máis e máis difícil de decidir; farían falla máis premios para valorar tantos grandes logros e méritos en tantos escaparates. Dende aquí a nosa noraboa aos comercios que se esmeraron nas suas fiestras, e o noso ánimo a que sigan esforzándose en aprender, en mellorar, en innovar, en ilusionarse cada día co seu negocio, porque non esquecemos que coidando dos nosos negocios en xeral, igual que dos nosos escaparates en particular… gañamos todos e cada un dos comercios, porque un escaparate e un comercio coidado, non significa un premio nun concurso, significa unha boa mostra aos nosos clientes de todo o que lles podemos ofrecer, e unha invitación a que pasen e vexan máis.

E aproveitamos para invitar a todo o mundo a que se de un paseo por todo o pobo para disfrutar e mercar en Nadal. E imos facer unha mención especial, posto que o centro pensamos que é evidente o agradable das rúas peonís e a grande oferta que temos aquí, así que imos animar tamén a dar ese paseo incluíndo a Travesía de Arteixo, se non o facedes habitualmente, e se non ides por alí a miudo, de seguro vos sorprenderá a manchea de comercios con escaparates preciosos e ben traballados, e a diversidade de oferta comercial que se concentra tamén nesta zona de Arteixo.