XA ESTÁ AQUÍ a edición veraniega do
Concurso de Tapas
de ARTEIXO CENTRO COMERCIAL ABERTO!!
Do Xoves 6 ao Domingo 9 de Agosto, 21 establecementos hosteleiros ofrecerán en horario de mediodía e tarde-noite a sua tapa concursante a 1,80 €, acompañada da tua bebida favorita.
Neste concurso, o xurado son os propios consumidores, que cada 4 tapas consumidas e seladas nunha papeleta, poden emitir un voto coa sua opinión de cal é a mellor tapa degustada. A cambio do seu voto, ademáis de disfrutar das deliciosas tapas, todas as papeletas entran no sorteo de 300 € en vales de compra para gastar nas case 90 tendas, bares, restaurantes e empresas de servizos asociados ao CCA, que mostran na sua fachada a placa distintiva da asociación e que ademáis aparecen no listado de socios na web www.ccaarteixo.com. Hai oferta de todo o que calquera consumidor poida precisar mercar, e ademáis o gañador ten de prazo ata o 30 de setembro para consumilos. O mesmo que o Bar gañador do Concurso, que terá como premio outros 300 € en vales de compra, ademáis dun diploma e trofeo honoríficos.
Nesta edición hai varias novidades como por exemplo a colaboración e patrocinio de COCA COLA Company e a nova Botella Contour de 237 ml. Da sua man ponse en marcha outro pequeno concurso no que os clientes do roteiro de tapas que suban ao facebook de Arteixo CCA fotos das tapas acompañadas da consumición da nova botella Contour e de Coca Cola, entrarán nun concurso no que se premiarán as 3 fotos máis orixinais con regalos Coca Cola. Cada cliente poderá concursar cun máximo de 21 fotos (unha por bar participante), así que por oportunidades que non sexa….
Ademáis a festa non para, porque animarase o concurso coa actuación dun grupo de Capoeira polo roteiro de Tapas o venres pola noite.
Por se todo isto fose pouco, moitos comercios do CCA, de xoves 6 a sábado 8, invitarán a tapas por cada 30 € de compra, así que … xa sabedes!: De Rebaixas e, despois… De Tapas por Arteixo!!
Na edición de verán, os días 6, 7, 8 e 9 de Agosto, participarán no concurso os seguintes establecementos con estas suxerentes tapas:
ESTABLECEMENTO | TAPA | DIRECCIÓN |
40 Y TANTOS | POLBO DE VERÁN | Paseo do Balneario, 21-Baixo |
ÁNCORA CAFÉ | SOCARRAT CON LANGOSTINOS | Rua General Mosquera Palleiro, nº 17, Baixo |
A TOSTA | PABELLÓN CRIOLLO | Avda dos Bosques nº14 B baixo |
A VINOTECA DO CARAMUXO | TENTE EN PÉ | Rúa da Capela, Nº 6, Baixo |
BAJOTRECE | MATAMBRE RECHEO | Rúa Ría de Noia, nº 13, Baixo |
BAR CODE | CREPCODE | Rua das Flores, Nº 6, Baixo |
BATA DE GUATA | LANGOSTO | Rua General Mosquera Palleiro, Nº 2, Baixo |
BARR | CHOCOS CROCANTES | Rua Ría de Arousa, nº 3 |
CAFÉ BAR RANCHO | ESPETOS MÁXICOS | Rua Médico Amenedo Casabella, Nº 6, Baixo |
CAFÉ DE FÁBULA | SAMOSA | Rua Eugenio Carré. Nº 17, Baixo A |
CAFETERÍA CASTELAO | O BO DENTE DO CASTELAO | Rúa Ría de Noia, Nº 5, Baixo |
EK CHUAH | BRASCADA DE LOMBO | Avda. Finisterre, Nº 171 |
EL NARANJO DE MAMÁ CHICÓ | SOL NACENTE | Paseo do Balneario, Nº 10, Baixo B |
HAMBURGUESERÍA IVI | TARTALETA DE MAR | Avda. Ría de Ferrol, nº 23, Baixo |
LA VENTANA | A PORTA | Avda.dos Bosques, nº 6, Baixo |
MEU XANTAR | CHIPIRÓN VERANIEGO | Rúa da Capela, Nº6, Baixo |
PINTXOTEKA | POLBO Á FEIRA CON PARMENTIER DE LOUREIRO | Rúa Ría de Vigo, nº 2, Baixo |
SANMARTIÑO | PORCO AO CÍTRICO | Rúa Ría de Noia, nº 4 Baixo A |
TABERNA A BAIUCA | PEMENTO RECHEO DE FROITOS DO MAR | Travesia de Arteixo nº 213 |
TRISKEL BAR DE TAPAS | “BONITO ES” | Rua Alcalde Francisco Mosquera, Nº 1, Baixo Esqda |
VIÑOTECA O REFUXIO | A SEREA | Paseo do Balneario, Nº 6, Baixo |
Fotos de toda as tapas (por orden alfabético – para velas máis grandes pinchar nelas)
Comercios onde te invitan a una tapa (clic aquí)
Facer clic no mapa para velo máis grande
Escoita a promoción
Escoita a entrevista do presidente do CCA en Onda Cero