O Centro Comercial Aberto de Arteixo acaba de lanzar á rúa unha sorprendente e divertida campaña con motivo do Dia do Pai, este sábado 19 de Marzo de 12 a 14 e 17 a 20 horas.
Decidiron instalar un circuito con 5 probas lúdico-deportivas nas que poderán participar tódolos papás acompañados dos seus fillos ou fillas. Pretenden así, que este sexa o Día do Pai máis Divertido da Historia.
A campaña chámase “Ven Divertirte con Papá en Arteixo CCA”. Todas as familias que desexen participar, poden conseguir os pasaportes para o circuito coas súas compras nas tendas asociadas ao CCA durante toda esta semá.
Os papás que completen o circuito en compañía dos seus fill@s, ademáis dun día moi especial e divertido, levarán como agasallo, só por participar, un talonario de descontos para máis de 25 comercios, e ademáis entrarán no sorteo de 3 talonarios de vales de compra valorados en 260€, que poderán usar do 19 ao 31 de marzo.
Os nenos e nenas terán por suposto opción de xogar tamén no circuito sós ou acompañados de mamá ou doutro familiar, se papá non pode estar. Ademáis haberá un circuito de minigolf, portería de precisión, xogos de pesca a lata e moitos máis, de libre acceso para xogar en familia.
Así que xa o saben, se queren celebrar o Día do Pai dun xeito orixinal e divertido, e ademáis ganar descontos e premios, teñen unha cita co comercio de Arteixo esta semá, e moi especialmente o sábado.
GRANDE ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NA NOVA CAMPAÑA DE ARTEIXO CCA
PARA CELEBRAR O DIA DO PAI.
ENTÉRATE DE QUENES FORON OS GAÑADORES DOS SORTEOS.
Tras da chamada “VEN DIVERTIRTE CON PAPÁ EN ARTEIXO CCA”, o pasado sábado 19 de marzo, efectivamenrte celebramos O DÍA DO PAI MÁIS DIVERTIDO DA HISTORIA….. POLO MOMENTO…. Xa que visto o éxito, está claro que esto hai que repetilo. As ruas de Arteixo enchéronse de familias que disfrutaban xuntas das zonas de xogos en familia, e cos pases que se regalaban nas tendas do CCA, ademáis calqueira cativo/a puido participar nas 5 probas do circuito deportivo.
Pero sen dúbida o protagonismo foi para os que participaron nas probas facendo equipo de pai e fill@/s. Todos botamos unhas risas, os nen@s disfrutaron como poucas veces cos papás, e os papás disfrutaron como nenos. Ese era o noso obxectivo, e alegrámonos de dicir… Obxectivo acadado!
Ademáis todos os adultos participantes levaron talonarios de descontos, e participaron nos sorteos de 3 talonarios de vales de compra valorados en 260€ cada un. Queremos dar a noraboa a todos os participantes, e en especial aos 3 gañadores: JAVIER PARADELA, JOSÉ BENITO SIEIRA NIETO e JOSÉ MANUEL VELÁZQUEZ GARCÍA.
Agora temos unha cavilación…. A ver como igualamos esto o Día da Nai… Así que…. Todo o mundo atento….